Programa
de actos a celebrar nas Letras Galegas do 2013, conferencias, música, teatro, contacontos e ata unha
homenaxe, son algunhas das propostas coas que as sociedades do concello de Fene
conmemorarán nos próximos días o Día das Letras Galegas, dicadas
este ano a Roberto Vidal Bolaño.
Favorecer o coñecemento do autor homenaxeado este ano o 17 de maio xunto
coas tres efemérides que se xuntan neste 2013 (o 150 aniversario da publicación
de Cantares Gallegos, o 50º do Día das Letras e o centenario do nacemento dun
dos seus promotores, don Francisco Fernández del Riego) son algúns dos
obxectivos do ciclo Maio Mes das Letras que, por primeira vez, desenvolven o
Concello e as sociedades do termo municipal.
Aquí deixamos a programación:
A. VV. De Limodre
Venres,
24 de maio:
Ás 20:00 horas, apertura dos actos a cargo de Henrique
Sanfiz Raposo e continuación lectura de poemas de Rosalía a cargo de María José
García Ponte.
Logo as actuacións siguientes:
-O raparigo Serafín Santamariña Sanmartín que deleitara a
os presentes con a gaita e acordeón.
-Canción galega a cargo do raparigo Julián Rico Saavedra.
-Actuación do monologuista Pedro Brandariz.
-Actuación do coro xuvenil da S.C.R.D. Agarimo de Sillobre.
A. VV. De Magalofes
Sábado, 18 de maio:
A partir das 21:00 horas, está prevista unha
actuación das rondallas Os Trovadores de Ares e Estrelecer do CMI Unidade de
Fene.
Domingo, 19:
Ás 22:00 horas
celebrarase a clausura do ciclo do Día das Letras Galegas coa apertura dunha
exposición da escola de manualidades e outras actividades culturais.
Venres,
31:
Ás 20:00 horas, actuación do grupo de teatro
Oquetiqueiras coa obra "Raiñas"
C.C.R.D. de Perlío
Xoves, 23 de maio:
Ás
20:00 horas teatro a cargo do grupo Teatro do Esteleiro que representará a obra
OÉ, OÉ, OÉ.
C.M.I. Unidade de Fene
Venres, 17de maio:
Ás 20:00 horas misa na igrexa parroquial de
Fene por todos os socios falecidos.
Ás 21:00 horas conferencia a cargo da
profesora de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela,
"Dolores Vilavedra", a continuación actuación da rondalla
"Estrelecer", e pa rematar estas xornadas das Letras Galegas
servirase unha farturenta queimada acompañada de proia para todos os
asistentes.
A
entrada a estos actos e de carácter libre.
C.P.S. de San
Valentín
Venres, 17 de maio:
No local da sociedade do C.P.S. de San Valentín, tendra
lugar a partir das 18:00 horas, unha
homenaxe a José Luís Serantes, socio fundador e primeiro presidente do CPS.
Sábado, 18:
Ás 12:00 horas, contacontos a cargo de Roi Sixto que presentará
o seu espectáculo Roi O Cagabolas.
Pola tarde, ás 20:00
horas, no salón de actos do CPI A Xunqueira, celebrarase un festival de corais
coas agrupacións Airiños da Capela, Lembranzas de Marín e a coral do CPS de San Valentín.
Venres,
24:
Ás 19:00 horas, proxección do documental homenaxe a
Rosalía de Castro no 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos"
Martes,
28:
Ás 18:00 horas, inauguración da exposición de traballos
do alumnado das escolas de bordado, bolillos e manualidades da sociedade.
Liga
de Amigos de Barallobre
Venres, 17de maio:
Ás 19:00 horas apertura dos
actos a cargo de Henrique Sanfiz Raposo e actuación do grupo de baile e
cantareiras Volvoretas e, a continuación, unha representación de narrativa Leite
callado a cargo de dúas afeccionadas.
Domingo, 19:
Ás 19:30
horas, o grupo de teatro Xosemaría Pérez Parallé representará, a obra de Blanco
Amor "O cantar dos cantares".
O Pote de Maniños
Venres 17de maio:
Ás 20:00 horas
tera lugar o festival de corais “Lembrando a Vidal Bolaño e a Rosalía”.
Participarán as corais de Cospeito, Eterna Xuventude e a da SCRD O Pote.
Sábado, 18:
Ás 22:00 horas, celebrarase o tradicional baile da flor
con premios a flores e adornos florais.
Sábado, 25:
Ás
20:00 horas, concierto a cargo do grupo Chiculate, ao remate, queimada.
S.C.R.D. Agarimo de Sillobre
Xoves, 16 de maio:
Ás 22:00 horas, concerto músico-poético de
"Rosas", na cafetería do local.
Venres, 17:
Ás
09:30 horas, sairá do local social a IV Ruta de Sendeirismo "Coñece
Sillobre Camiñando", e pensamos estar de volta arredor das 13:00 horas.
Domingo, 19:
Ás 20:00 horas, Certamen de Corais, no que
actuarán o Coro Xuvenil de Agarimo, a Coral Polifónica Armonía de Ferrol, e a
Coral Polifónica de Agarimo.
Sábado, 25:
Ás
21:00 horas, velada de Teatro a cargo da agrupación de Agarimo, que
representara a obra "Non me podo divorciar". Ao remate da actuación,
tomaremos a xa tradicional queimada nas cuncas de Buño, encargadas para esta
ocasión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario