miércoles, 1 de agosto de 2012

O 102 ANIVERSARIO DA FENESA LEONOR VARELA


El alcalde Gumersindo Galego e á concelleira,
Juana Barro con  Leonor Varela co seu ramo no 
seu 102 cumpreanos (Foto de Radiofusión)


"Viuva e sen fillos, non parei de viaxar; fun a Italia, Xerusalén...non paraba nunca". Estas son algunhas das verbas coas que Leonor Varela Souto recibiu este mediodía ao alcalde de Fene, Gumersindo Galego e á concelleira, Juana Barro, co gallo do seu 102 aniversario. A anciá recibiu, de mans do alcalde, un ramo de frores e unha insiginia do Concello de Fene como agasallo por este lonxevo cummpreanos.

Nada no Seixo (Mugardos) o 1 de agosto de 1910, Leonor reside na Rúa Travesa de Fene desde hai máis de medio século. Só lle daban un mes de vida cando foi acollida pola súa compañeira nestas últimas décadas, María del Carmen Sanmartín, que conta na actualidade con 93 anos de idade. Disto xa hai 30 anos e Leonor superou con creces ás expectativas dos médicos. Dulce Maroño, filla de María del Carmen, coida agora das dúas amigas e considera a Leonor coma outra nai.

Fuente: Radiofusión

No hay comentarios:

Publicar un comentario