lunes, 21 de mayo de 2012

Aberto o prazo para participar no XXV Premio de Poesía "Pérez Parallé"



Os orixinais deberán remitirse ao Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene antes do vindeiro 29 de setembro de 2012

O Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene, coa colaboración do Concello de Fene e a editorial "Espiral Maior", organiza o Premio Nacional de Poesía "Xosemaría Pérez Parallé". Este certame convócase co obxectivo de colaborar na promoción de novas voces, polo que para participar é requisito imprescindíbel non ter publicado ningún libro individual de poesía. Porén, admitiranse traballos presentados por persoas que publicaran previamente algún libro en edición de autor.

As persoas que queiran tomar parte nesta convocatoria teñen de prazo até o vindeiro 29 de setembro para presentar os seus orixinais. Os autores e autoras participantes deberán entregar un libro de poesía en lingua galega por triplicado, encadernado ou grampado, e baixo plica). Asemade, recoméndase que teña unha extensión mínima de 300 versos.
Os traballos enviaranse ao enderezo do Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene (Porto do Río, 21. San Paio-Fene. C.P. 15500)

O xurado do certame estará composto por tres persoas de recoñecida traxectoria no ámbito da escrita literaria, da edición ou da crítica. A entrega do premio terá lugar o sábado 17 de novembro nas instalacións da entidade convocante, en Fene.

O premio do XXV Premio de Poesía “Pérez Parallé” consistirá na edición do libro gañador na colección de Poesía "Espiral Maior", ademais dunha gratificación económica de 500 euros e unha escultura de Francisco Pérez Porto (artista plástico, fillo de Xosemaría Pérez Parallé). A edición do libro constará de 600 exemplares. Ademais, o autor ou autora, recibira 25 exemplares da obra impresa.

As Bases que rexen a XXV edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé poden consultarse aquí.
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario